venres, 20 de marzo de 2020

VISITA DAS TARTARUGAS

Na aula de 6ºB de Infantil recibimos a visita das tartarugas de Iago. En realidade son de seu padriño, pero estiveron pasando uns días na súa casa e os seus país trouxéronas para coñecelas.
Son dúas tartarugas semiacuáticas, que tanto lles encanta darse un baño como saír a pasear polo xardín. Tamén lles encanta  xogar con paus e nas pedras.
Aprendemos moitas cousiñas sobre elas porque os seus país trouxeron moita información para aprender a diferenciar tartarugas acuáticas das terrestres, como se chaman as súas partes....
E o mellor de todo, poidemos cóllelas na man, só a pequeniña porque a grande mordía, que tremenda. Moitas gracias pola visita.



Ningún comentario:

Publicar un comentario