venres, 28 de febreiro de 2020

Animais en perigo de extinción no Continente Americano

En 3º e 4º curso de Educación Primaria estamos a facer un proxecto de investigación sobre os animais en perigo de extinción no mundo e á nosa clase tocounos coñecer máis sobre o continente americano.
Cada neno e nena buscou tres animais ameazados que habitan neste continente e presentounos a toda a clase.

 

Despois, fixemos unha recompilación de todos eles e aprendimos algún dato curioso  a través desta presentación.




Finalmente, eliximos cinco animais de todos os que vimos e por grupos, profundizamos no seu coñecemento buscando e seleccionando información para despois cubrir unhas fichas con datos sobre as súas características físicas, a alimentación, reprodución, hábitat, principais depredadores, motivos polos que se atopa en perigo de extinción e algún que outro dato curioso.





xoves, 27 de febreiro de 2020

Visita de Pepiño

Nesta ocasión visítanos a avoa de Izía, cun invitado moi especial. Pepiño é a mascota de Izía, un paxariño moi cantarín e xoguetón. 












Falamos dos seus coidados, a súa alimentación. O que máis lle gusta é xogar coa campá que ten na súa xauliña, así como co dedo de Izía.

















As mascotas son moi importantes para os nenos e nenas da nosa aula, polo que estivemos moi atentos a todo o que nos contaron sobre Pepiño.





Con todo o que aprendemos, Chéster (a nosa mascota) e os nenos e nenas de 4ºB de Educación Infantil, cremos que se merecen o noso diploma de expertos!




 Moitas grazas por compartir con nós a forma na que coidades a Pepiño.
Esperamos a próxima visita!

mércores, 26 de febreiro de 2020

Visita de Cali

Visitounos na nosa aula Cali, acompañado de Augusto, a súa mamá, o seu papá e o seu hermanito para contarnos a súa historia.












Cali é un gatiño que apareceu no xardín da familia de Augusto, estaba ferido, tiña unha pupa moi grande no rabo, polo que o levaron ao veterinario para que o curara.
Finalmente tiveron que cortalle o rabo pero puido salvarse, e a familia de Augusto adoptouno e coidao moito.







Trouxéronnos un montón de fotos para que vísemos as cousas que máis lle gustan, como acompañar a Augusto ao autobús e xogar con el.
Son un exemplo a seguir! Polo que se gañaron con creces o noso diploma de especialistas en animais domésticos!


MOITAS GRAZAS POR CONTARNOS A VOSA EXPERIENCIA!

A nosa enciclopedia de animais




Tras longas investigacións, os alumnos de 5º A aprenderon un chisquiño máis dos animais. 

Cadaquén elixiu un animal e buscou información e curiosidades para despois expoñelo na aula e así aprendermos todos xuntos.



Finalmente, fixemos unha enciclopedia  preciosa que xa forma parte da nosa biblioteca da aula!



mércores, 19 de febreiro de 2020

A VISITA DE PANCHO

En  4 anos tivemos unha visita moi especial. Veu visitarnos Pancho, o cadeliño de Mateo.
Mateo, xunto coa a súa mamá, contounos moitas cousas da súa mascota (que come, como hai que coidalo, cantos anos ten, como é ...) Pancho portouse fenomenal  e incluso deixou que o
acariñaramos. Moitas grazas Mateo e moitas grazas Carmen e Pancho por vir a nosa clase.


luns, 17 de febreiro de 2020

OBRADOIRO CONXUNTO DE 5ºA DE ED. INFANTIL E 2º DE PRIMARIA

Durante dúas sesións os nen@s  da profe Alba e os nen@s de 4 anos fixemos un taller conxunto  para realizar un mural empregando diferentes técnicas (pintura, estampación, collage...)
No mural aparecen Zebra e Panda os protagonistas do conto "No pasa nada" de Xabi López que previamente contamos nas dúas clases.
Unha historia de animais que nos fala de respeto, de amizade, de solidaridade, da importancia de axudar aos demais, de compartir ...
O obxectivo deste obradoiro é que os nen@s maiores e os máis pequenos compartan a experiencia de traballar xuntos, de relacionarse e de colaborar nun contexto diferente con outras profes e outros compañeir@s.







domingo, 16 de febreiro de 2020

Sesión de contacontos en caixa de luz: "Prohibida la entrada a los elefantes"


Para celebrar o día do amor e da amizade a mestra María José (5ºA educación infantil) e Lorena (6ºA educación infantil) realizaron unha sesión de contacontos empregando un recurso moi atractivo para os nenos e nenas destas idades: a caixa de luz. 
Elexiron un conto onde se amosan os valores da amizade a través do amor e coidado aos animais:

" Prohibida la entrada a los elefantes"






xoves, 13 de febreiro de 2020

VISITA DE MILLO

Na clase de 6ºB de Infantil tivemos a visita do can de Luna. Un cachorro dun ano con moitas ganas de xogar, que lle encanta correr a beira do río e xogar a pelota. Deixouse acariñar por todos os nenos e incluso lles chocou a man.




luns, 10 de febreiro de 2020

Apadriñando a QUEIXO!

Aquí vos presentamos a Queixo, o afillado dxs nenxs da clase de 6ºA de infantil. Grazas a un pequeno elfo que habita a nosa escola puidemos coñecer o que significa apadriñar e a responsabilidade que iso conleva. Todas as familias da clase poden acercarse á protectora e pasear ao noso afillado. Que ilusión!

mércores, 5 de febreiro de 2020

Visita da veterinaria

En infantil contamos ca  visita da veterinaria Sara, nai dunha alumna, que nos veu contar moitas cousas sobre o seu traballo. E trouxo de visita un coelliño moi tranquilo e paciente que recibiu os agarimos de todos os nenos e incluso lle poidemos escoitar o corazón co fonendoscopio.