mércores, 18 de decembro de 2019

Agasallos para os peludiños da Protectora de Lugo

A día de hoxe, 18 de decembro, a piques de coller as vacacións de Nadal, entre todos os que formamos o cole Laverde Ruíz de Outeiro de Rei conseguimos recolectar un montón de cousas para os animais da Protectora de Lugo... comida, abriguiños, mantas, xabón, correas, xoguetes...
Esperamos que lles guste...



Visita de catro patas en 6º B de primaria

Hoxe viñeron a clase dous novos alumnos peludiños: 
Chop, o canciño de Xiana e 
Penny a cadeliña de Uxía.
Foi unha visita sorpresa total !!!... portáronse fenomenal os dous, Xiana e Uxía contáronnos que fan para cuidalos, para alimentalos, as vacunas, para lavalos... 
Estivemos xogando con eles e facéndolles mimos... logo foron visitar algunhas outras clases e os compis quedaron abraiados, porque non esperaban un perro en clase.
Foi una visita moi bonita e tenra !!!
Graciñas ás dúas familias por compartir connosco as vosas mascotas !!




Visita Mamá Carla


Visitounos a mamá  e a irmá de Carla para falarnos sobre os animais nocturnos, sobre os que estamos a investigar na nosa clase. Trouxéronnos unhas adiviñas e contáronnos un montón de cousas dos koalas por ser o seu animal nocturno preferido.




Aprendemos moitas cousas, as que máis nos chamaron a atención foron que son animais marsupiais ao igual que os canguros, xa que levan as súas crías nunha bolsiña na barriga mentres son moi pequeniñas.





Outra cousa que nos chamou moito a atención é que só poden vivir en bosques de eucaliptos, xa que só se alimentan da folla de eucalipto, o que fai que estean en perigo de extinción pola perda dos seus hábitats, algo que nos puxo un pouquiño tristes!😔



Mais, o que máis nos chamou a atención foi que non beben auga, senón que obteñen a auga das follas de eucalipto das que se alimentan.





Sen dúbida tanto Chéster coma os nenos e nenas da nosa aula cremos que merecen o noso diploma de expertas en animais nocturnos na especialidade de Koalas.




Moitas grazas por compartir connosco todas as cousas que sabedes sobre eles!
Esperamos a próxima visita.







sábado, 14 de decembro de 2019

Temos visita!



O día 10 de decembro coñecemos un pouquiño máis da Protectora de animais e plantas de Lugo.  Tivemos moitas visitas ese día no cole! Contamos con dúas das voluntarias de dita organización que nos explicaron en qué consistía a protectora, como debiamos actuar se atopamos un animal perdido, cal é a maneira de tratar aos animais, amosáronnos fotos, vídeos e mesmo nos contaron un bonito conto.

Por se fose pouco, trouxeron tres fermosos canciños ao cole e todos nós puidemos coñecelos e acariñalos.


Con todo isto puxemos en marcha a nosa campaña de Nadal. Dende o CEIP Laverde Ruíz levaremos a cabo unha recolecta para mellorar a vida de todos os animais da protectora. Para iso podedes doar diversidade de cousas: comida, xoguetes, chuches, deterxentes... animádevos a participar!












martes, 10 de decembro de 2019

Holly, Pecas e Jack! Unha nova vida é posible.

Hoxe organizamos un día de disfrute e acompañamento coa protectora de animais e plantas de Lugo. Primeiro vimos tres canciños que rescatou Elena (voluntaria na protectora): Holly, Pequitas e Jack, poidemos ver o ben que os ten educados, o coidadiños que están e a sorte que tiveron de ser rescatados.
Logo invitounos no salón de actos a escoitar un contiño que ela mesma inventou baseado en historias reais que busca concienciar sobre a importancia de tomar unha decisión tan importante como facerse responsable dun animal.
Aproveitamos para lembrarvos a todos/as que tedes no cole uns días, ata o próximo xoves, para, se queredes, traer algunha cousiña que poida mellorar a vida dos animais sen fogar.





martes, 12 de novembro de 2019

Benvidos a animaleando!

Este blogue ábrese en relación ó programa "Protexe os animais" do Plan Proxecta no que nos involucramos este curso escolar 2019-2020.
A través deste blogue poderedes coñecer  todas as actividades que vaiamos realizando no proxecto ademáis de acceder a materiais e xogos xeniais!