Axuda animais próximos!

Este curso queremos colaborar coa Protectora de Animais e Plantas de Lugo. Para iso teremos este espazo, no que vos deixaremos informacións ó respecto.
Pica na imaxe e accede a web da protectora!
Como sabedes, a labor da protectora é a de asegurar o benestar dos animais que por unha razón ou outra rematan nas súas instalacións, é dicir, trátase dun refuxio para os animais perdidos ou abandonados, no que se procura atopar un novo fogar ós animais que alí rematan.
A protectora xestiona as adopcións e apadriñamentos dos animais, rescata animais que están en perigo ou en situación de maltrato e trata de divulgar e concienciar sobre benestar animal.
Así que, como vedes teñen unha chea de tarefas e pouco soporte económico, o que fai perigar o benestar dos animais que alí acollen ata atopar un novo fogar.



Como podemos axudar?

Manos, Amistad, Amigos, Niños, Diversión, La FelicidadRECOLLIDA DE NADAL NO COLE!
Como sabedes agora mesmo estase a facer unha colecta de recursos para a protectora no cole.
Recordade que acceptan e precisan da vosa axuda todo o ano.

Cat, Flor, Gatito, Piedra, Pet, Animales, ExplorarAPADRIÑA!
Por só 6 euros ó mes podes colaborar apadriñando un animal da protectora!

un can consiste en dedicar unha cantidade do teu tempo e unha pequena cantidade do teu diñeiro, mensualmente. A túa contribución significará para eles unha nova oportunidade para as súas vidas. A túa achega económica tamén contribuirá a mellorar o mantemento das instalacións e outras necesidades dos animais acollidos: comidas especiais, limpeza, medicamentos, etc..
Para máis información para apadriñar pincha AQUÍ.


Resultado de imagen de dibujo dog cuteFAITE SOCIO!
Por só 35 euros ó ano podes colaborar sendo socio da protectora!
A Sociedade Protectora de Animais e Plantas de Lugo é unha organización privada, sen ánimo de lucro, que depende, entre outras, das achegas dos seus socios. Por iso é polo que a nosa Sociedade está aberta, permanentemente, á captación de novos asociados.
Para máis información pincha AQUÍ.





Niño, Perro, Mascota, Vestido, Niña, Golden Retriever
FAITE VOLUNTARIO!
Podes colaborar dándolles paseos, promovendo a súa socialización, con baños e co aseo, axudando na limpeza e mantemento das instalacións, coa difusión en redes sociais, etc.
Para máis información para apadriñar pincha AQUÍ.




Adorable, Animales, Perro, Lindo, Mascota, CachorroACOLLIDA!
Outra opción para colaborar é darlle unha casa temporal a un dos animais da protectora ata que atope unha definitiva. Trátase de darlles os coidados que precisen no voso fogar e a Sociedade Protectora de comprométese a garantir o alimento e a cubrir os gastos veterinarios dos animais para facilitar o traballo das casas de acollida.
Para máis información para acoller no teu fogar a un dos animais da protectora pincha AQUÍ.



Adorable, Niños, Lindo, Perro, Calzado, Niña, PersonasADOPTA!
Como sabedes o fin fundamental da Protectora e achar un novo fogar definitivo para ós animais que rematan nas súas instalacións. Son animais desexosos de ter unha familia agarimosa á que darlle todo o seu amor! 
A día de hoxe case 300 cans e case 20 gatos seguen na protectora agardando atopar unha familia coa que compartir a súa vida. Así que, se tedes pensado unir un novo membro a familia, recordade todos estes animais que vos están agardando!
Para adoptar pincha AQUÍ.


Ningún comentario:

Publicar un comentario