venres, 12 de xuño de 2020

Obradoiro "No pasa nada" - 2ºB

Os nenos e nenas de 2ºB, xunto cos nenos e nenas de 5ºA de Infantil, tivemos a sorte de traballar xuntos nun proxecto moi chulo sobre o conto de Xabi López
No pasa nada

Para iso, en cada clase lemos o conto, no que os animais son os protagonistas, e reflexionamos sobre os valores que nos ensina: amizade, diversidade, respecto... en resumo, o bonito de ser diferente!!

Despois dedicamos dúas sesións a un obradoiro no que preparamos en cada aula un mural cos dous personaxes principais do conto: Panda e Zebra.

Gustounos moito compartir esta experiencia cos nen@s de 4 anos, explicarlles o que tiñan que facer e axudarlles...
                                             PASÁMOLO XENIAL!!!

Aquí vos deixamos algunhas fotos...





Ningún comentario:

Publicar un comentario