venres, 12 de xuño de 2020

Animais en perigo de extinción e Cartas á Terra - 2º

Durante este 3º trimestre os nenos e nenas de 2º non deixaron de traballar e, como non, tamén con actividades relacionadas co coidado dos animais.

Aquí vos deixamos dúas actividades que realizaron nas súas casas...

Animais en perigo de extinción
Cada nen@ puido escoller un animal que se atopa na actualidade en perigo de extinción para facer unha investigación sobre el e os motivos polos que está nesa situación.
Na seguinte presentación podedes ver as investigacións que fixo cada un.


Cartas á Terra
Como moitas das causas de que os animais estean en perigo de desaparecer para sempre están relacionadas coas malas accións que os seres humanos realizamos sobre o noso planeta, polo Día da Terra, o 22 de abril, cada un deles envioulle unha carta á Terra, pedíndolle perdón por se nalgún momento fixeron algo que a puidera danar e comprometéndose a coidala e respectala.
Pinchade nos sobres para poder ler as cartas. As verdes pertencen a 2ºA e as azuis a 2ºB.


Agardamos que entre tod@s poidamos facer da Terra🌍 
o fogar no que tanto as persoas👫 como os animais🐾 e as plantas🌳 poidamos vivir en harmonía.

Ningún comentario:

Publicar un comentario