
Na nosa aula empregamos diferentes formatos para traballar cos animais, e aprender deles. Sobre todo as súas necesidades e coidados. Empregamos o Encerado dixital para clasificalos no lugar no que teñen que vivir, tendo en conta o que traballamos previamente.
Buscamos as letras que forman os seus nomes e tratamos de compoñelos.
Dásenos moi ben.


Tamén buscamos as fotos dos animais para clasificar en domésticos e salvaxes, e nocturnos e díurnos e atopar os seus nomes que andaban perdidos.
Coñecemos un montón de cousas sobre os animais, e encántanos aprender sobre eles e aprender a coidalos, porque non nos gusta nadiña cando nos falan de que algún deles pode desaparecer!
Ningún comentario:
Publicar un comentario