xoves, 23 de abril de 2020

UNHA DEDICATORIA MOI ESPECIAL

Hoxe 23 de abril celebramos o día do Libro e Xabi López que é o autor do conto "No pasa nada"quería estar connosco neste día tan especial e mandar unha mensaxe a todos os nen@s do cole.
Xabi tiña previsto realizar un obradoiro en Infantil a finais do mes de marzo que se tivo que suspender dada a situación actual.


MOITAS GRAZAS XABI !!!
Esperamos verte moi pronto polo cole.
Saúdos para Zebra e Panda.

luns, 20 de abril de 2020

SAÍDA: CENTRO DE INTERPRETACIÓN TERRAS DO MIÑO


     Aló ..polo mes de febreiro, os nenos e nenas de 4ºA  e  4ºB  visitamos o Centro de Interpretación Terras do Miño, que se atopa no "Muíño do Tendeiro" no paseo do río Rato.



          Alí visitamos 3 salas.

SALA DO RÍO; onde poidemos ver diferentes técnicas de pesca, e diversos materiais que usaban para pescar a xente da provincia. Vimos un BATUXO, que é a barca de río, un REDOTE, có que se recollía o peixe, e CANAS, CESTEIRAS, NASAS  e TRASMALLOS de diferentes tamaños. 


                                             




SALA DO BOSQUE; aquí xogamos ás adiviñas, escoitando o son,tiñamos que saber de que animal se trataba...cá luz apagada ...que medoo!!
  Anfibios,porcobravo,pero sobre todo paxaros e aves migratorias: BUBELA,CUCO,PASPALLÁS,PEGA,POMBA,ANDURIÑA...cando acertabamos escoitabamos as características de cada un..e....haichos ben curiosos...
    Sabíades que?
   O cuco pon os ovos no niño doutro paxaro para que llos cuide...? Si xa o dicía o noso Manuel María en Soños na Gaiola.
   E a bubela ten unha cresta multicor na cabeza? É un paxaro punki !!

 bubela cuco  
                                  

          




SALA DE IMAXES; visionado da fauna e da flora das Terras do Miño.




                                            


    Encantounos esta visita arredor da reserva da biosfera, aínda que nos deu moita magoa saber que xa quedan moi poucos destes animais e que están en perigo de extinción!!














venres, 17 de abril de 2020

ENTROIDO


     
 Este curso  o noso disfraze  foi baseado en contos de animais ,daquela 3º e 4º curso caracterizámonos de diferentes animais de O REI LEÓN...guarrr!!




Un dos momentos da nosa posta en escea no desfile de Entroido

               

Sea animals kitchen (6º de E Infantil)

Nas clases de inglés de 6º de Infantil e aproveitando parte do material da editorial coa que traballamos, centrámonos no vocabulario dos animais do mar. En concreto traballamos os seguintes:   
    FISH - OCTOPUSS - TURTLE - SEAHORSE - CRAB - SHARK - JELLYFISH - STARFISH.

Logo dunha breve posta en común sobre cantos nomes destes animais coñecían en inglés achegámonos a boa parte deste vocabulario a través de xogos con tarxetas ou cards: "What's missing" "What's next?" e outros xogos interactivos.


Ao longo de varias sesións aprendimos a canción "In the sea" para reforzar oralmente este vocabulario.





Cando xa aprendimos a identificar aos principais animais que vivían no mar abrimos a SEA KITCHEN e intentamos averiguar cales eran as apetencias culinarias de algún destes animais. 
Centrámonos no OCTOPUS (polbo)  e no CRAB (cangrexo)
1) Vimos as súas características: Colour, eyes, legs.  Confeccionámolo en cartulina e chamámoslle Mr Octopus


2) What does Mr octopuss eat? What is Mr octopuss’ menu?. 

 Logo de repartir  unha ficha de traballo na que figuraban: a fish, a boot, a crab, a seahorse prantexáronse as respostas á seguinte pregunta WHAT IS Mr OCTOPUSS’ MENU TODAY?
Para respostala axeitadamente recurrimos a un video da National Geographic e nos fixamos atentamente en cal sería o alimento do polbo: A CRAB.


A continuación, na ficha de traballo, terían que riscar todo aquello que “Mr Octopuss doesn’t eat” y colorear” Mr Octopuss’ food”.

Aproveitouse tamen para reparar en todo aquelo que aparece no mar e que lles molesta aos peixes como the Boot que aparece na ficha, preguntarlles máis cousas de lixo que adoitan flotar no mar: bottles, plastic bags, …

Rematamos estas actividades facendo un debuxo baixo a consigna NO PLASTIC IN THE SEA. Durante o confinamento seguimos repasando estes contidos e unha das propostas foi facer un diorama dun aquarium no que estiveran a maior parte dos animais marinos que traballamos.






Visitas moi especiais

Na clase de 2ºB tamén tivemos a sorte de recibir visitas de mascotas de nenos e nenas doutros cursos, pero tamén do noso!!!

É o caso de...

🐾Tosca, a cadeliña de Pepa
A nai de Pepa contounos moitas cousas sobre ela e é que Tosca é moi moi lista... sabedes que vai a unha escola para cans? Pareceunos increíble, aprendemos moitas cousas sobre como se adestran os cadeliños. Ademais, puidemos darlle de comer pienso, encantounos!!
 🐶

🐾Isis, a cadeliña de Daniel M.
Daniel e seu pai contáronnos todos os coidados que recibe e o intelixente e obediente que é. Tamén lle puidemos dar de comer!!
Ademais, é unha cadeliña moi cariñosa, encántalle dar moooitos bicos e, sobre todo, encántanlle os nen@s e poder xogar con eles!! Vistes que ata fai de almofada para Daniel?
🐕

🐾Pancho, o cadeliño de Dani C.
 A pesar de non ter ningunha foto del, fíxonos moitísima ilusión e aprendimos mogollón de cousas gracias a todo o que nos contaron Dani e súa nai: canto tempo ten, de que se alimenta, como o coidan, onde durme...
Ao final, xa estaba un pouquiño nervioso, non podíamos parar de tocalo!🐕

Grazas pola visita, volvede cando queirades!!

xoves, 16 de abril de 2020

CONTACONTOS NA BIBLIOTECA

Contacontos na Biblioteca con contos de animais elaborados por todos os nen@s do colexio de forma cooperativa. En todos os contos aparecía a nosa mascota o VERMIÑO VERDE.

VERMIÑO VERDE







mércores, 15 de abril de 2020

Coidamos os animais

Álvaro coida os caracois

Brais
Lucía

Entroido de animais

 A temática deste curso para celebrar o entroido foi "contos de animais". Os cursos de 3º e 4º de Primaria eleximos O Rei León.


4ºA
 

Unha visita moi especial

A mamá de Lucía, que é veterinaria, trouxonos á clase un año moi especial... naceu con tres patiñas!!
Explicounos o ben que garda o equilibrio, corre e moitas outras cousas e ata puidemos acariñalo un pouco!! Gracias por compartilo con nós !

OS ANIMAIS DA ARCA DE NOÉ

OS ANIMAIS DA ARCA DE NOÉ


Os nen@s de 6º  de INFANTIL elaboran unha ARCA DE NOÉ  con diferentes animais.  E despois.........xogaron coa ARCA DE NOÉ de Playmobil.






luns, 13 de abril de 2020

Entroido entre plumas azuis

Como xa sabedes, este ano a temática do entroido foi "Animais de conto" e para os nenos e nenas de 2º de Primaria eliximos un conto galego moi coñecido de Carlos Casares...
A GALIÑA AZUL

Cada neno/a, na casa, preparou o seu disfrace coa axuda dos seus familiares e ese día quedamos todos abraiados co traballo que fixeran!!
Alá por onde pasaban, deixaban o seu rastro de plumas, eran auténticas galiñas azuis!!!
🐓💙



E como acompañantes das galiñas, as profes íamos co noso mandilón, o pano na cabeza, o bastón, unhas gafas que mareaban máis que axudaban e... 
UNHA CESTA COS OVOS DE CORES QUE POÑEN ESTAS GALIÑAS TAN ESPECIAIS!!


Despois de coñecer o conto, aprender a canción e ensaiar, chegou o momento do desfile diante de todas as familias e compañeiros/as, que nervios!!! 
Deixámosvos un vídeo que nos gravaron desde as gradas, moitas grazas!!!