luns, 20 de abril de 2020

SAÍDA: CENTRO DE INTERPRETACIÓN TERRAS DO MIÑO


     Aló ..polo mes de febreiro, os nenos e nenas de 4ºA  e  4ºB  visitamos o Centro de Interpretación Terras do Miño, que se atopa no "Muíño do Tendeiro" no paseo do río Rato.



          Alí visitamos 3 salas.

SALA DO RÍO; onde poidemos ver diferentes técnicas de pesca, e diversos materiais que usaban para pescar a xente da provincia. Vimos un BATUXO, que é a barca de río, un REDOTE, có que se recollía o peixe, e CANAS, CESTEIRAS, NASAS  e TRASMALLOS de diferentes tamaños. 


                                             




SALA DO BOSQUE; aquí xogamos ás adiviñas, escoitando o son,tiñamos que saber de que animal se trataba...cá luz apagada ...que medoo!!
  Anfibios,porcobravo,pero sobre todo paxaros e aves migratorias: BUBELA,CUCO,PASPALLÁS,PEGA,POMBA,ANDURIÑA...cando acertabamos escoitabamos as características de cada un..e....haichos ben curiosos...
    Sabíades que?
   O cuco pon os ovos no niño doutro paxaro para que llos cuide...? Si xa o dicía o noso Manuel María en Soños na Gaiola.
   E a bubela ten unha cresta multicor na cabeza? É un paxaro punki !!

 bubela cuco  
                                  

          




SALA DE IMAXES; visionado da fauna e da flora das Terras do Miño.




                                            


    Encantounos esta visita arredor da reserva da biosfera, aínda que nos deu moita magoa saber que xa quedan moi poucos destes animais e que están en perigo de extinción!!














Ningún comentario:

Publicar un comentario