mércores, 1 de abril de 2020

"ENTROIDO ANIMAL"

O venres 21 de febreiro celebramos o noso tradicional desfile de Entroido. O tema deste curso eran "Animais de conto". Os nen@s de 3 anos elexiron o disfraz de mapache representando o conto "Un bico na túa man". Nas clases de 4 anos os nen@s vestíronse de Zebra, unha das protagonistas de "No pasa nada" de Xabi López e os nen@s de 5 anos foron de toupiñas do conto "A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza".
Ademais en Infantil preparamos unha coreografía e  coa música do "Libro da selva", a profe de 5 anos Lorena, inventou unha letra moi chuli onde os protagonistas foron os animais dos nosos contos:








Ningún comentario:

Publicar un comentario