venres, 17 de abril de 2020

Visitas moi especiais

Na clase de 2ºB tamén tivemos a sorte de recibir visitas de mascotas de nenos e nenas doutros cursos, pero tamén do noso!!!

É o caso de...

🐾Tosca, a cadeliña de Pepa
A nai de Pepa contounos moitas cousas sobre ela e é que Tosca é moi moi lista... sabedes que vai a unha escola para cans? Pareceunos increíble, aprendemos moitas cousas sobre como se adestran os cadeliños. Ademais, puidemos darlle de comer pienso, encantounos!!
 🐶

🐾Isis, a cadeliña de Daniel M.
Daniel e seu pai contáronnos todos os coidados que recibe e o intelixente e obediente que é. Tamén lle puidemos dar de comer!!
Ademais, é unha cadeliña moi cariñosa, encántalle dar moooitos bicos e, sobre todo, encántanlle os nen@s e poder xogar con eles!! Vistes que ata fai de almofada para Daniel?
🐕

🐾Pancho, o cadeliño de Dani C.
 A pesar de non ter ningunha foto del, fíxonos moitísima ilusión e aprendimos mogollón de cousas gracias a todo o que nos contaron Dani e súa nai: canto tempo ten, de que se alimenta, como o coidan, onde durme...
Ao final, xa estaba un pouquiño nervioso, non podíamos parar de tocalo!🐕

Grazas pola visita, volvede cando queirades!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario