Amosando publicacións coa etiqueta CONMEMORACIÓNS. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta CONMEMORACIÓNS. Amosar todas as publicacións

venres, 5 de xuño de 2020

BILBY

   Na  clase de 4º Infantil A inicíamonos no tema dos animais en perigo de extinción, concretamente centrámonos nun animal nocturno relacionado co proxecto que estábamos a  traballar: Bilby (Macrotis lagotis).
    Visionamos unha curtametraxe animada onde o protagonista Bilby enfróntase a numerosas adversidades resaltando o valor da amizade. Tamén investigamos a súa pegada comparandoa con outras.... Canto gozamos!!


Coincidindo co día mundial do Medio Ambiente, tratando de concienciar aos nen@s acerca dos perigos ao tempo que aprenden sobre o mundo que nos rodea. Quixemos  deixar o noso graniño de area nesta situación  tan excepcional que nos tocou vivir, confeccionando cada un o seu particular Bilby empregando materiais de refugallo.  Ollade  os que se animaron a participar, que  chulis !!

Moitas grazas familias por colaborar!!


sábado, 28 de marzo de 2020

Un entroido de moscas

Sí, de todolos animais, bichos, insectos habidos e por haber escollimos disfrazarnos de moscas. Son taaaaaan tenras que non nos puidemos resistir. 
"A casa da mosca Chosca" 
editorial kalandraka
Mirade este vídeo e xuzgade vos mesmos... e a ver se vos encontrades. ¡sorte!



mércores, 18 de marzo de 2020

SEMANA DA PRENSA ENTRE ANIMAIS!

En infantil conmemoramos a Semana da Prensa traballando con novas de animais en perigo de extinción nas aulas. Ademais preparouse un mural espectacular na cristaleira de infantil en base ás novas traballadas nas culas co eslogan "Deixamosas nosas pegadas para que non desaparezan as vosas".
Aquí podedes saber máis dos animais en perigo de extinción e as novas nas que traballamos para esta Semana da Prensa.

luns, 16 de marzo de 2020

Reciclando que é xerundio






Os alumnos de 6º fixeron estas bolas de Nadal utilizando botellas de plástico que se ían  tirar.
Agora adornan a nosa árbore de Nadal. 


Porque?

Os plásticos que usamos cada día poden acabar nos nosos mares e océanos aínda que os depositamos correctamente no contedor amarelo.
O 80% dos residuos que atopamos no mar provén de terra.
Cada ano, máis dun millón de aves e máis de 100.000 mamíferos mariños morren como consecuencia de todos os plásticos que chegan ao mar.

Dende o comezo do curso tomámonos moi en serio o tema do reciclaxe, sempre coa crenza firme de que nos pertencemos a unha cadea de humaniños que cos pequenos actos cámbianse  grandes cousas