venres, 31 de xaneiro de 2020

Psicomotricidade entre contos de animais!

Realizouse un obradoiro de teatriño de improvisación de distintos contos de animais traballados nas aulas de infantil. En grupos pequenos dramatizaron distintos contos sen facer sons, só con mímica. Os compañeiros/as tiveron adiviñaban o conto.


Dramatizando animais salvaxes e domésticos.

Os nenos e nenas de 6º de infantil realizaron en psicomotricidade varios xogos de dramatizacións con cartas de animais salvaxes e domésticos. Por parellas, imitaban animais que os demais debían adiviñar. Logo tiñan que clasificalos en animais terrestres, acuáticos e aéreos.





mércores, 29 de xaneiro de 2020

Escribindo Braille co punzón

No curso de 5º A escribiron co punzón (como iniciación á escritura en Braille)  o seu nome e o dos animais que visitaron o cole neste curso.



Escribindo en Braille

Nos diferentes grupos, coñecimos a máquina Perkins, e escribimos os nomes dos nosos animais favoritos en Braille.






Lendo con Braillín


Os alumnos de 3º A coñeceron a Braillín, o boneco que no seu torso ten o símbolo xerador Braille, co cal poideron identificar e escribir as letras dos animais correspondentes.



Contando historias de animais


Os alumnos de 6º B contaron as historias dos contos de animais, a través do sentido do tacto.






Recoñecendo animais


Os alumnos de 3º B recoñeceron moitos animais e o contorno no que se atopaban a través dos contos de estimulación multisensorial que nos facilitou a ONCE Lugo.

Animaleando co Braille

Con motivo da declaración por parte das Nacións Unidas do Día Mundial do Braille o 4 de Xaneiro, e coincidindo cun día non lectivo, no noso centro, ao longo deste mes, levamos a cabo diversas sesións en diferentes niveis da etapa de primaria, co fin de sensibilizar e dar a coñecer a realidade das personas invidentes.
O eixe vertebrador das sesións é desenvolver a competencia en comunicación lingüística e a de ciencia e tecnoloxía, en relación aos animais.

Que podemos facer nós?





Cando voltamos das vacacións de Nadal, os nenos e nenas de 4ºB de Educación de Infantil só falaban dunha cousa: "os Koalas quéimanse", "os koalas van desaparecer".






Tendo en conta que é o animal nocturno favorito de moitos nenos e nenas desta clase, decidimos facer un mural na nosa porta a modo de protesta e puxémonos mans á obra!!













Con diferentes materiais  e colaborando entre todos, expresamos o noso sentimento ao respecto!





Unha vez rematado, recollemos todas as cousas que nós pensamos que podemos facer para axudar a protexer os animais, xa que esta situación non nos gusta nadiña😓




 E así quedou a nosa porta, para que calquera persoa que entre na nosa aula sepa como temos que coidar os animais porque NON QUEREMOS QUE DESAPAREZAN.


martes, 28 de xaneiro de 2020

Ioga e animais en infantil!

Neste curso escolar estamos a realizar xogos/actividades de ioga para nenos/as nos que se realizaron posturas que levan o nome de distintos animais animais.







venres, 24 de xaneiro de 2020

Acuáticos, terrestres e aéreos!

En infantil realizáronse varias sesións TIC na PDI na que o alumnado traballou conceptos relacionados cos animais acuáticos, aéreos e terrestres. Traballáronse mediante actividades de lectoescritura, discriminación visual, auditiva, xogos de memoria, etc. Empregáronse varias apps presentadas neste mesmo blogue do proxecto “Animaleando no cole”, como o xogo “Animalandia”.






 Realizadas as sesións TIC relacionadas cos animais aéreos, terrestres e acuáticos, realizouse un circuíto no que se poñían en práctica experiencias motrices de imitación das formas de moverse e simulacións de animais.










venres, 17 de xaneiro de 2020

Sesión de psicomotricidade “perruna”!




Os nenos e nenas de infantil recibiron con anterioridade unha charla con dúas representantes da protectora de Lugo de animais e plantas na que, entre outras cousas se falou de  cómo debían achegarse  ós cans. 
Na aula traballamos en sesións de psicomotricidade os distintos estados de ánimo que poden ter os cans cos que nos atopamos e aprendemos a recoñecelos fixándonos na posición das partes do seu corpo e actitude. Fixeron dramatizacións nas que se representaron. Logo convertéronse en cans un por un e xogaron a adiviñar qué estaban a expresar e mediante un xogo de roles representaban cómo debía ser o trato. Os estados de ánimo sorteábanse co emprego dunha ruleta das emocións na que aparecía o debuxo do can no estado de ánimo correspondente.
Fixérono estupendamente!

mércores, 15 de xaneiro de 2020

Visita gatuna en 6º B de primaria

Hoxe, en 6º B de primaria, coñecimos un gato, o gatiño de Lucía Pico, Simba;
estaba un pouquiño nervioso, pero portouse fenomenal.
É un gato noviño (aínda non ten un ano) e adoptáronno porque apareceu pola súa casa un día e ninguén o reclamou... 
Que sorte ten Simba, atopou unha familia estupenda !!
Come pienso e ás veces outra comida, durme no garaxe, é moi agarimoso, ronronea moito, é moi suave...


   

En 3°B tivemos unha nova compañeira


Hoxe o noso compañeiro Óscar veu ao cole acompañado de Kora, unha cadeliña preciosa que nos deixou a todos abraiados. Tivo taaaanta paciencia con nós... Démoslle apertas, bicos, collémola no colo, corremos con ela...
Contounos que a bañou e a peiteou antes de vir ao cole para que lucira  ben bonita. 
Tamen nos explicou que vai ao veterinario cada vez que ten que poñer unha vacina ou se pon enferma e que sempre está de bo humor.
Díxonos que era de raza caniche toy e que a trouxeran os Reis Magos de Oriente. Seguro que na casa de Óscar vive coma unha raíña!