martes, 31 de marzo de 2020

ALGO DO NOSO TRABALLO DIARIO

En 4 anos investigamos,as características, a alimentación,o hábitat, etc. dalgúns animáis en perigo de extinción,asi cómo cáles poden ser as causas de que estén desaparecendo. esto facemolo a través de diferentes cánles. visionado de vídeos, libros..
Fichas. Pasamolo moi ben ordenando as letras dos nomes dos animáis



Fixemos traballos que despois explicamos ós compañeiros
















PROXECTO: ANIMAIS S.O.S.

Nas clases de 4 anos de Ed. Infantil estamos a realizar un proxecto sobre algúns animais que están en perigo de extinción. Animais como o oso polar, o pingüín, o tiburón blanco, o lince ibérico, a cegoña negra e o koala que, se non actuamos, poden desaparecer.
Na clase estamos a ver as características destes seis animais, as partes do corpo, o seu hábitat, a alimentación, curiosidades, reprodución ...
Tamén estamos vendo cales son as causas da extinción e que podemos facer para coidalos  e que non desaparezan.
Na clase fixemos un mural e temos un recuncho do proxecto con libros, contos e todo tipo de materiais feitos polos nen@s e aportados polas familias.





"Vertebrate animals" Encrucillado online

-Quen conseguirá solucionar este "dificultoso Crossword"? - Premede na seguinte ligazón para xogar e lede as definicións con atención. 👀


Uso da Tecnoloxía Smartnotebook a través de xogos en inglés

- Aquí vos amosamos dous fragmentos de videos de 3ºA. Moi ben polo seu uso do inglés e desempeño tecnolóxico.
Lamentablemente non podemos compartir este xogo online, porque deberiamos ter múltiples programas baixados de Smartnotebook, Promethean, etc.
Na próxima entrada readaptarei un destes xogos a un encrucillado para que así poidan xogar todas aquelas que queiran.  Enjoy! 🙋💬




AS ARTISTAS CON CARNET DE IDENTIDADE

Visitounos a mamá de Dani,que veu coas mascotas da familia, 2 cadeliñas que fan as delicias de todos. Levan moitos anos con eles e saben obedecer moitas ordenes. Despois hai que darlles o seu premio,claro. ¡Ata saben inglés e teñen o seu carnet de identidade!
Paula ensinounos onde levan o microchip,puidemos notalo por debaixo da pel.Dixonos que é moi importante por si se perden.Tamén nos dixo o importante que é a auga para elas,ademáis da comida.
Saudaronos a tod@s,sentaronse,puñeronse en 2 patas...éstas ben valían para o circo!
Son moi xoguetonas e agarimosas. e a estas catalanas encantanlles os documentais de animáis,pasarono pipa vendos na nosa pantalla.
E despois de investigar a clase de Dani,despedironse ata a próxima ocasión.





Moitas grazas a ti e a todos por vir ensinanos o importantes que son os animáis nas vosas casas. Son uns membros máis da familia,e así os tratades.

CADELA DE PASARELA

Tuvemos outra visita moi especial. Adriana e a súa mamá trouxeronos a Tosca. A" raiña das pasarelas",que participa en concursos de beleza, caninos claro!.Ben pode, con esa planta!!  A pesar do grande que é,tamén é moi boíña e tranquila..Saudounos a todos coa súa patiña.




 Coidado que vai moi rápido!
Contaronnos como se reparten o traballo a hora de peiteala. con tanta melena precisa moitas máns. A Adri tócanlle as patas e faino moi bén. Hai que ter coidado cos tiróns. Tamén hai que paseala para que manteña o tipo. Sórte no teu próximo concurso!!

BOS AMIGOS

Tamén contamos coa visita da mamá e a avoa de Vera,que nos trouxeron parte das súas mascotas(teñen varias).
Viñeron coa súa cadeliña e co hámster Coco.Primeiro ela saudounos a todos.É moi agarimosa.

Despois tocoulle o turno a Coco,que estaba bastante espabilado para ser de día.Tamén lle puidemos tocar. Que fráxil e suave é!!
As 3 nos contaron como os cuidan todos (sobre todo Vera). E anécdotas divertidas do seu día a día. Son moi amigos estes 2 animáis,e Coco está moi vixiado por ela para que non lle pase nada. E tuveron que marchar,que a Coco xa lle tocaba durmir.




AS MASCOTAS DA CLASE

Visitaronnos a mamá e a irmá de Valeria.Trouxeron a Blanquita,un cordeiro ó que rexeitou a súa nai,que parira 2,entón a ésta teñen que criala con biberón. Tivemos a sorte de que era a hora da toma
(explicaronnos que toma moi pouca cantidade,pero moitas veces ó día). Que sórte teñen Valeria e Candela que poden darllo moitas veces. Xa son unhas expertas!!!
Era moi dócil e todos puidemos acariñala e ver o suave que era a súa lá









Tamén fixemos outros obradoiros de plástica para elaborar os nosos animáis en perigo de extinción


MURAL COLABORATIVO

Fixemos un Obradoiro  cos alumn@s da clase de 4º A para a elaboración dun mural que representa unha paisaxe de inverno.Esto serveunos para investigar o que fan os animáis cando neva e fai moito frio.                                                                                                                                                            



Así puidemos ver que hai animáis que hibernan
,e como lles afecta o cambio climático nese proceso,o que da lugar a que moitos deles estén en perigo de extinción.