sábado, 7 de marzo de 2020

COMENZAMOS NOVA AVENTURA

                                                                                                                       Os nenos de 4º de Infantil A  comenzamos unha nova aventura da man da nosa mascota Chéster.  Todo comenzou cunhas pegadiñas misteriosas que apareceron na nosa aula e logo  para a nosa sorpresa descubrimos que se trataba dun mapachiño.





      Así foi como nos fomos  introducindo no mundo dos animais. Tomando contacto de xeito manipulativo con tarxetas de diversos animais para clasificalos en domésticos e salvaxes.  Para logo, escoller os animais nocturnos nos cales nos centraremos seguindo o fío do conto "Un bico na túa man".


  Tamén nos desenvolvemos coa pizarra dixital clasificando as imaxes poñendo a proba o traballado previamente.






Ningún comentario:

Publicar un comentario