venres, 29 de maio de 2020

Les animaux en français

En 6º B on apprend le nom de beaucoup 
d'animaux en français...

xoves, 28 de maio de 2020

Proxectos sobre animais

Durante este curso, en 4º A, fixemos varios traballos de investigación sobre animais e aprendemos a manexar programas para presentalos. 


 Comezamos o noso proxecto sobre  curiosidades de animais organizándonos en catro grupos para facer presentacións de diapositivas. Non chegamos a rematalo totalmente. Aquí deixamos  unha pequena mostra do traballo.
 
 
 
 



martes, 26 de maio de 2020

Os ecosistemas do mundo

Na clase de 5ºA representamos diferentes ecosistemas, coñecendo así un pouquiño máis o mundo que nos rodea.

Como veredes, xurdiron grandes obras de arte!








domingo, 24 de maio de 2020

A casiña da Familia Pérez

E chegou o día, que gañas tiñamos de que a familia dos Pérez tivese casa en 1º A.
O Sr Pérez sorprendeunos unha mañá deixándonos unha das súas casas na nosa clase. Temos fotos non se sabe quen as fixo.
En agradecemento quixemos redecorársela e transformarlla ao noso gusto 
e facer que esa casa fose o que se chama agora sostenible.
💚horto ecolóxico, 
💚paneis solares, 
💚cubiños de separación de residuos.
💚...
Como moitos dos nosos proxectos deste ano deixámolo sen terminar. Pero prometemos que en setembro o retomamos



A cara que puxeron cando a viron non ten prezo


A partir dese momento a correspondencia ía en ambas direccións, felicitaciones trala caída dun dente, debuxos, notas, cartas larguísimas, agasallos, adaptacións do disfraz de carnaval para o ratonciño...






Ratón Pérez / El Ratón Pérez / Pérez, el ratoncito de tus sueños ...



Habitat mariño case REMATADO

O  obxectivo nesta clase de 1ºA era recrear un espazo mariño en perfecto estado con material reciclado, usando curiosamente eses materiais que adoitan contaminar os mares como plásticos, porexpán, tapóns, redes...
Que nos pasou? colleunos desprevidos un bichito malvado deixándonos illados, tristes e sen poder continuar coa nosa vida normal. Tivemos que abandonalo todo irnos ás nosas casas ata novo aviso. 
Agora podemos dicir que este traballo retomarémolo o ano que vén. E que vainos a encantar facelo, terminalo, compartilo e gozalo coma se non houbese un parón nas nosas vidas.




 








Animáis acuáticos en perigo de extinción

Os nenos e nenas de 1ºA investigaron distintos animais acuáticos en perigo de extinción. O obxectivo é descubrir porque están desaparecendo e que podemos facer para evitalo.

Dado os últimos acontecementos, este é un traballo que lle falta o final, xuntar todas as investigacións e facer un libro viaxeiro para que aquel que o lea, se de conta de que inconscientemente podemos estar acelerando estas desaparicións e poidamos poñerlle remedio.