domingo, 24 de maio de 2020

A casiña da Familia Pérez

E chegou o día, que gañas tiñamos de que a familia dos Pérez tivese casa en 1º A.
O Sr Pérez sorprendeunos unha mañá deixándonos unha das súas casas na nosa clase. Temos fotos non se sabe quen as fixo.
En agradecemento quixemos redecorársela e transformarlla ao noso gusto 
e facer que esa casa fose o que se chama agora sostenible.
💚horto ecolóxico, 
💚paneis solares, 
💚cubiños de separación de residuos.
💚...
Como moitos dos nosos proxectos deste ano deixámolo sen terminar. Pero prometemos que en setembro o retomamos



A cara que puxeron cando a viron non ten prezo


A partir dese momento a correspondencia ía en ambas direccións, felicitaciones trala caída dun dente, debuxos, notas, cartas larguísimas, agasallos, adaptacións do disfraz de carnaval para o ratonciño...






Ratón Pérez / El Ratón Pérez / Pérez, el ratoncito de tus sueños ...



Ningún comentario:

Publicar un comentario