venres, 26 de xuño de 2020

Entre animais!

ORGANIZACIÓN DA VISITA Ó CENTRO DE INTERPRETACIÓN TERRAS DO MIÑO EN primaria cun obradoiro e charla sobre a diversidade nas beiras do río Miño.



ORGANIZACIÓN DUNHA VISITA Ó ACUARIOPromover o coñecemento do océano e as especies que viven no vendo as consecuencias que teñen no mar nosas accións a tirada masiva de plásticos.



PSICOMOTRICIDADE CIRCUITOS DE ANIMAIS. Realización de actividades de circuítos de psicomotricidade con distintos materiais combinados coas características motrices de distintos animais e a forma do seu corpo para desenvolver a atención o desenvolvemento psicomotriz e o coñecemento da vida animal. 




ADIVIÑAS PSICOMOTRICES DE ANIMAIS E IMITACIÓN. Realización de sesións de psicomotricidade con adiviñas de animais e imitación dos mesmos. 





TRABALLO DE VALORES EN RELACIÓN ÓS ANIMAIS POR MEDIO DE PELÍCULAS E CONTOS.

 








xoves, 25 de xuño de 2020

The fantastic animal parade 2º primaria

THE FANTASTIC ANIMAL'S PARADE

Este bloque de actividades foi pensado para 2º de Primaria. Como estes nenos/-as están xa familiarizados co vocabulario de certos animais, comenzamos a facer actividades para distinguir "pets" and "wild animals".


A través de videos repasamos o nome dos distintos animais:




Falamos tamen de todas aquelas accións que podían e non podían facer utilizando a estructura CAN CAN'T

 "A frog CAN jump but a frog CAN'T fly"

Falamos tamén dos hábitats dos animais e fixemos actividades:




Nos fixamos nas partes do corpo dos animais e as describimos




Fixemos carautas dos animais que aprendimos:


E temos pendiente para o vindeiro curso a confección dun bestiario e a súa descripción para gravar nun video. Sen embargo durante o confinamento algún neno participou desta proposta deixándonos estes traballos:






I AM YOUR PET VET 1º Primaria

I AM YOUR PET VET

Esta actividade está pensada para 1º curso de Primaria. Aproveitando que no curriculo unha das unidades didácticas trata de ANIMALS, fixemos a aproximación ao vocabulario de animais da granxa e mascotas (DOG, CAT, RABBIT).
Antes de abordar esta unidade valoramos a importancia dos "farm animals" en distintas festividades da cultura inglesa como o Turkey no THANKSGIVING DAY ou os black cats, bats no HALLOWEEN






Aparte de visualizar videos, facer xogos con flashcards, e cantar cancións, culminamos este traballo coa elaboración de distintas actividades plásticas.

Fixemos máscaras de animais para cantar a canción de OLD MACDONALD



Durante o confinamento tamen tratamos de recoller traballos sobre distintos tipos de animais e os seus coidados, traballando estructuras como "CLEAN YOUR PET", "FEED YOR PET".
Falamos, na medida do posible, de Easter bunny e chick e recollemos algún traballiño:







"ANIMAL FAIR" Inglés 6º Infantil

"ANIMAL FAIR"

O día 14 do pasado mes de Decembro os nenos/-as de Educación Infantil desfrutaron da obra teatral en inglés "Animal Fair" que correu a cargo da compañía INTERACTING.
Tratáse dunha obra de tearto interactiva no transcurso da cal os peques representan distintos personaxes da obra. 
Neste caso animais de distintos hábitats: penguin, a polar bear, crocodiles, ... As artistas invitadas foron dúas alumnas e un alumno da clase de 6º A: Carmela, Lucía e Mario






mércores, 24 de xuño de 2020

Investigamos animais en 6 ºB

En 6º B de primaria, traballamos os animais e logo o alumnado elixiu un animal, investigou e expuxeron ao resto dos compañeiros/as as características do animal seleccionado.

Coñecimos moito sobre: o dragón de Komodo, o tiburón blanco, a tartaruga mariña, o golfiño, a balea azul, o lince ibérico, o pingüín, o león mariño, o gato, o tigre blanco, a foca, o cabalo, o tucán e o peixe espada.

Gustoulles moito aos rapaces facer estes traballos !!
😀
🐅🐈🐉🐋🐍🐎🐑🐒🐓🐕🐗🐟🐠🐢🐦🐧🐨🐬🐯🐳






venres, 19 de xuño de 2020

RETO ANDAINA VIRTUAL DE RELEVOS

Este é o resultado final da nosa andaina virtual de relevos en infantil. Seguindo todos estes consellos seguro que temos as mascotas máis felices do mundo mundial!
Moitísimas grazas a todos/as por participar!

Esperamos que vos guste!

xoves, 18 de xuño de 2020

APADRIÑAMENTO FOFITO

Dende a aula de 4ºB de Educación Infantil, tras a visita de Cali, o gatiño de Augusto, e a súa historia fíxonos pensar en como podíamos axudar nós aos animais abandonados, e tendo en conta que no cole, non podemos ter animais e coidalos como se merecen, buscamos outra solución:  APADRIÑAMOS A FOFITO, por cuestión da alerta sanitaria non puidemos ir de visita nin darlle mimos e cariño ao noso afillado.
A nosa principal misión, era a de conseguir unha casiña para el, coa gran sorte de que hai uns días nos escribiron para contarnos que FOFITO ESTABA ADOPTADO!!



Animádesvos a apadriñar algún canciño da protectora e axudarlles ás/aos voluntarias/os a buscarlle familia?
Asociación Protectora de Animais e Plantas de Lugo

Coñecendo os animais

Na nosa aula empregamos diferentes formatos para traballar cos animais, e aprender deles. Sobre todo as súas necesidades e coidados. Empregamos o Encerado dixital para clasificalos no lugar no que teñen que vivir, tendo en conta o que traballamos previamente.



Buscamos as letras que forman os seus nomes e tratamos de compoñelos.


Dásenos moi ben.

Tamén buscamos as fotos dos animais para clasificar en domésticos e salvaxes, e nocturnos e díurnos e atopar os seus nomes que andaban perdidos.




Coñecemos un montón de cousas sobre os animais, e encántanos aprender sobre eles e aprender a coidalos, porque non nos gusta nadiña cando nos falan de que algún deles pode desaparecer!