venres, 5 de xuño de 2020

BILBY

   Na  clase de 4º Infantil A inicíamonos no tema dos animais en perigo de extinción, concretamente centrámonos nun animal nocturno relacionado co proxecto que estábamos a  traballar: Bilby (Macrotis lagotis).
    Visionamos unha curtametraxe animada onde o protagonista Bilby enfróntase a numerosas adversidades resaltando o valor da amizade. Tamén investigamos a súa pegada comparandoa con outras.... Canto gozamos!!


Coincidindo co día mundial do Medio Ambiente, tratando de concienciar aos nen@s acerca dos perigos ao tempo que aprenden sobre o mundo que nos rodea. Quixemos  deixar o noso graniño de area nesta situación  tan excepcional que nos tocou vivir, confeccionando cada un o seu particular Bilby empregando materiais de refugallo.  Ollade  os que se animaron a participar, que  chulis !!

Moitas grazas familias por colaborar!!


Ningún comentario:

Publicar un comentario