venres, 20 de marzo de 2020

SALVEMOS OS "BICHOS"

Máis da metade das especies coñecidas como insectos están desaparecendo, é por iso que en 6ºA decidimos traballar sobre esta problemática.
          Debe ser polo seu tamaño que ás veces esquecémonos destes animais, e agora estamos descubrindo que cada vez hai menos no noso entorno. Debemos concienciarnos sobre este aspecto pois os insectos son moi importantes para o medio xa que:
            -Favorecen a polinización das plantas.
            -Son alimento de moitísimos anfibios e aves.
            -Son fundamentais na formación do solo e a descomposición da materia morta.
            -Axudan a combatir plagas que perxudican os nosos cultivos.
            Unha forma de protexer as poblacións de insectos é ofrecerlles en outono un lugar onde protexerse do inverno, son os chamados "Hoteis para insectos", pequenas casiñas con multitude de espazos onde se almacenan materiais naturais que proporcionan cobixo.

              Distribuímonos por grupos, para diseñar os nosos "hoteis" empregando diversos materiais. A continuación amosamos imaxes do proceso de elaboración:

      


           Finalmente estas foron as nosas creacións!
:



Se algún día temos un horto escolar poderemos construir un con materiais máis resistentes!






Ningún comentario:

Publicar un comentario