xoves, 19 de marzo de 2020

LEARNING ABOUT NATURAL LIFE AND HUMANISM.

Nas aulas de inglés de 3º, estivemos a aprender da relación entre animais e seres humanos, xa dende o 1º trimestre coas lecturas do libro de Roald Dahl "The Magic Finger" (do cal se achega debaixo do video unha copia en Pdf. 👇👇
Concienciámonos sobre a súa perda de habitat polas accións e intereses humanos, o cal é un dos maiores impactos sobre o medio natural.
Este video é unha pequena introducción ao tema, e ao deseño de mascaras para a súa futura utilización nunha obra de teatro.
Estou a espera de facer outras dúas ou tres entradas próximamente, sobre traballos dos alumnos, uso de novas tecnoloxías e videos de aula. Un saúdo ;)






Ningún comentario:

Publicar un comentario