martes, 31 de marzo de 2020

AS ARTISTAS CON CARNET DE IDENTIDADE

Visitounos a mamá de Dani,que veu coas mascotas da familia, 2 cadeliñas que fan as delicias de todos. Levan moitos anos con eles e saben obedecer moitas ordenes. Despois hai que darlles o seu premio,claro. ¡Ata saben inglés e teñen o seu carnet de identidade!
Paula ensinounos onde levan o microchip,puidemos notalo por debaixo da pel.Dixonos que é moi importante por si se perden.Tamén nos dixo o importante que é a auga para elas,ademáis da comida.
Saudaronos a tod@s,sentaronse,puñeronse en 2 patas...éstas ben valían para o circo!
Son moi xoguetonas e agarimosas. e a estas catalanas encantanlles os documentais de animáis,pasarono pipa vendos na nosa pantalla.
E despois de investigar a clase de Dani,despedironse ata a próxima ocasión.





Moitas grazas a ti e a todos por vir ensinanos o importantes que son os animáis nas vosas casas. Son uns membros máis da familia,e así os tratades.

Ningún comentario:

Publicar un comentario