martes, 31 de marzo de 2020

PROXECTO: ANIMAIS S.O.S.

Nas clases de 4 anos de Ed. Infantil estamos a realizar un proxecto sobre algúns animais que están en perigo de extinción. Animais como o oso polar, o pingüín, o tiburón blanco, o lince ibérico, a cegoña negra e o koala que, se non actuamos, poden desaparecer.
Na clase estamos a ver as características destes seis animais, as partes do corpo, o seu hábitat, a alimentación, curiosidades, reprodución ...
Tamén estamos vendo cales son as causas da extinción e que podemos facer para coidalos  e que non desaparezan.
Na clase fixemos un mural e temos un recuncho do proxecto con libros, contos e todo tipo de materiais feitos polos nen@s e aportados polas familias.





Ningún comentario:

Publicar un comentario