sábado, 14 de marzo de 2020

A VISITA DE MARLEY

O xoves 12 de marzo tivemos unha visita moi especial. Luca e os seus papás presentáronnos a
Marley, o seu can, que é un membro máis da familia.
Marley foi adoptado cando era un cachorro e tivo a sorte de atopar un fogar e unha familia que o coida e o quere.
A Marley gústanlle moito os nen@s e é o mellor compañeiro de xogos para Luca e Kenzo.
Moitas grazas pola visita!!!




Ningún comentario:

Publicar un comentario