luns, 16 de marzo de 2020

Reciclando que é xerundio






Os alumnos de 6º fixeron estas bolas de Nadal utilizando botellas de plástico que se ían  tirar.
Agora adornan a nosa árbore de Nadal. 


Porque?

Os plásticos que usamos cada día poden acabar nos nosos mares e océanos aínda que os depositamos correctamente no contedor amarelo.
O 80% dos residuos que atopamos no mar provén de terra.
Cada ano, máis dun millón de aves e máis de 100.000 mamíferos mariños morren como consecuencia de todos os plásticos que chegan ao mar.

Dende o comezo do curso tomámonos moi en serio o tema do reciclaxe, sempre coa crenza firme de que nos pertencemos a unha cadea de humaniños que cos pequenos actos cámbianse  grandes cousas  












Ningún comentario:

Publicar un comentario