xoves, 26 de marzo de 2020

Pitiños de Mos en 6º de infantil A!


Presentamos aquí unha actividade que resultou moi motivadora e especial para @s nos@s nen@s. Despois de incubar oviños na escola durante uns días por fin saíron os pitiños tan esperados!




Ao longo deste proceso tivemos que facernos responsables dándolles a volta diariamente e controlando a humidade da incubadora.



Ademáis disto, o papá que trouxo a actividade á nosa aula elaborou un "ovoscopio" que utilizamos cara o final do proceso para ver qué ovos se lograran e cales non.



Do oviño que vemos transparente non chegou a saír pero en aqueles que vemos todo oscuriño menos un pouquiño, si tiña pitiño!
Cando xa chegaba o momento de sacalos da incubadora decoramos a súa granxa para poder telos uns días con nós.


Aquí temos o resultado final!!!!




                                           Que ilusión ao chegar á escola!!!



Así están 20 días despois do seu nacemento….guauuuu!!



Foi unha actividade estupenda, moi motivadora e na que aprendimos un montón de cousas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario