venres, 17 de abril de 2020

Sea animals kitchen (6º de E Infantil)

Nas clases de inglés de 6º de Infantil e aproveitando parte do material da editorial coa que traballamos, centrámonos no vocabulario dos animais do mar. En concreto traballamos os seguintes:   
    FISH - OCTOPUSS - TURTLE - SEAHORSE - CRAB - SHARK - JELLYFISH - STARFISH.

Logo dunha breve posta en común sobre cantos nomes destes animais coñecían en inglés achegámonos a boa parte deste vocabulario a través de xogos con tarxetas ou cards: "What's missing" "What's next?" e outros xogos interactivos.


Ao longo de varias sesións aprendimos a canción "In the sea" para reforzar oralmente este vocabulario.





Cando xa aprendimos a identificar aos principais animais que vivían no mar abrimos a SEA KITCHEN e intentamos averiguar cales eran as apetencias culinarias de algún destes animais. 
Centrámonos no OCTOPUS (polbo)  e no CRAB (cangrexo)
1) Vimos as súas características: Colour, eyes, legs.  Confeccionámolo en cartulina e chamámoslle Mr Octopus


2) What does Mr octopuss eat? What is Mr octopuss’ menu?. 

 Logo de repartir  unha ficha de traballo na que figuraban: a fish, a boot, a crab, a seahorse prantexáronse as respostas á seguinte pregunta WHAT IS Mr OCTOPUSS’ MENU TODAY?
Para respostala axeitadamente recurrimos a un video da National Geographic e nos fixamos atentamente en cal sería o alimento do polbo: A CRAB.


A continuación, na ficha de traballo, terían que riscar todo aquello que “Mr Octopuss doesn’t eat” y colorear” Mr Octopuss’ food”.

Aproveitouse tamen para reparar en todo aquelo que aparece no mar e que lles molesta aos peixes como the Boot que aparece na ficha, preguntarlles máis cousas de lixo que adoitan flotar no mar: bottles, plastic bags, …

Rematamos estas actividades facendo un debuxo baixo a consigna NO PLASTIC IN THE SEA. Durante o confinamento seguimos repasando estes contidos e unha das propostas foi facer un diorama dun aquarium no que estiveran a maior parte dos animais marinos que traballamos.






Ningún comentario:

Publicar un comentario