luns, 13 de abril de 2020

Entroido entre plumas azuis

Como xa sabedes, este ano a temática do entroido foi "Animais de conto" e para os nenos e nenas de 2º de Primaria eliximos un conto galego moi coñecido de Carlos Casares...
A GALIÑA AZUL

Cada neno/a, na casa, preparou o seu disfrace coa axuda dos seus familiares e ese día quedamos todos abraiados co traballo que fixeran!!
Alá por onde pasaban, deixaban o seu rastro de plumas, eran auténticas galiñas azuis!!!
🐓💙



E como acompañantes das galiñas, as profes íamos co noso mandilón, o pano na cabeza, o bastón, unhas gafas que mareaban máis que axudaban e... 
UNHA CESTA COS OVOS DE CORES QUE POÑEN ESTAS GALIÑAS TAN ESPECIAIS!!


Despois de coñecer o conto, aprender a canción e ensaiar, chegou o momento do desfile diante de todas as familias e compañeiros/as, que nervios!!! 
Deixámosvos un vídeo que nos gravaron desde as gradas, moitas grazas!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario