O día 10 de
decembro coñecemos un pouquiño máis da Protectora de animais e plantas de
Lugo. Tivemos moitas visitas ese día no
cole! Contamos con dúas das voluntarias de dita organización que nos explicaron
en qué consistía a protectora, como debiamos actuar se atopamos un animal
perdido, cal é a maneira de tratar aos animais, amosáronnos fotos, vídeos e
mesmo nos contaron un bonito conto.
Por se fose pouco, trouxeron tres fermosos canciños ao cole e todos nós puidemos coñecelos e acariñalos.
Con todo isto puxemos en marcha a nosa campaña de Nadal. Dende o CEIP Laverde Ruíz levaremos a cabo unha recolecta para mellorar a vida de todos os animais da protectora. Para iso podedes doar diversidade de cousas: comida, xoguetes, chuches, deterxentes... animádevos a participar!
Ningún comentario:
Publicar un comentario