mércores, 18 de decembro de 2019

Visita Mamá Carla


Visitounos a mamá  e a irmá de Carla para falarnos sobre os animais nocturnos, sobre os que estamos a investigar na nosa clase. Trouxéronnos unhas adiviñas e contáronnos un montón de cousas dos koalas por ser o seu animal nocturno preferido.




Aprendemos moitas cousas, as que máis nos chamaron a atención foron que son animais marsupiais ao igual que os canguros, xa que levan as súas crías nunha bolsiña na barriga mentres son moi pequeniñas.





Outra cousa que nos chamou moito a atención é que só poden vivir en bosques de eucaliptos, xa que só se alimentan da folla de eucalipto, o que fai que estean en perigo de extinción pola perda dos seus hábitats, algo que nos puxo un pouquiño tristes!😔



Mais, o que máis nos chamou a atención foi que non beben auga, senón que obteñen a auga das follas de eucalipto das que se alimentan.





Sen dúbida tanto Chéster coma os nenos e nenas da nosa aula cremos que merecen o noso diploma de expertas en animais nocturnos na especialidade de Koalas.




Moitas grazas por compartir connosco todas as cousas que sabedes sobre eles!
Esperamos a próxima visita.







Ningún comentario:

Publicar un comentario