venres, 28 de febreiro de 2020

Animais en perigo de extinción no Continente Americano

En 3º e 4º curso de Educación Primaria estamos a facer un proxecto de investigación sobre os animais en perigo de extinción no mundo e á nosa clase tocounos coñecer máis sobre o continente americano.
Cada neno e nena buscou tres animais ameazados que habitan neste continente e presentounos a toda a clase.

 

Despois, fixemos unha recompilación de todos eles e aprendimos algún dato curioso  a través desta presentación.




Finalmente, eliximos cinco animais de todos os que vimos e por grupos, profundizamos no seu coñecemento buscando e seleccionando información para despois cubrir unhas fichas con datos sobre as súas características físicas, a alimentación, reprodución, hábitat, principais depredadores, motivos polos que se atopa en perigo de extinción e algún que outro dato curioso.





Ningún comentario:

Publicar un comentario