Durante dúas sesións os nen@s da profe Alba e os nen@s de 4 anos fixemos un taller conxunto para realizar un mural empregando diferentes técnicas (pintura, estampación, collage...)
No mural aparecen Zebra e Panda os protagonistas do conto "No pasa nada" de Xabi López que previamente contamos nas dúas clases.
Unha historia de animais que nos fala de respeto, de amizade, de solidaridade, da importancia de axudar aos demais, de compartir ...
O obxectivo deste obradoiro é que os nen@s maiores e os máis pequenos compartan a experiencia de traballar xuntos, de relacionarse e de colaborar nun contexto diferente con outras profes e outros compañeir@s.
Ningún comentario:
Publicar un comentario