No día da familia, elaboramos un vídeo con diferentes fotos que nos mandastes, tendo en conta que as nosas mascotas tamén forman parte das nosas familias, dando pé a outro dos diferentes tipos de familia cos que nos atopamos no día a día.
mércores, 17 de xuño de 2020
DÍA DO LIBRO
Con motivo do día do libro, iniciamos unha actividade para crear entre todos/as un conto viaxeiro. Ao final fixemos catro contos para que non se alongaran demasiado as historias, empregando as imaxes que nos saíron nos dados de historias.
O resultado foi moi divertido, espero que no proceso tamén e desfrutasedes tanto como o fixen eu.
Todos os demais contos teñen o mesmo comezo, a partir do inicio, seguindo as mesmas indicacións, cada un continua o conto onde o deixou o anterior e empregando as imaxes que nos saíron nos dados de historias ao longo dos contos.
ESTE É O RESULTADO DO PRIMEIRO CONTO
ASÍ QUEDOU O SEGUNDO CONTO...
O ÚLTIMO CONTO QUEDOUNOS MÁIS CURTIÑO PERO NON POR ISO MENOS BONITO
POR ÚLTIMO AGRADECER A PARTICIPACIÓN DE TODAS AS FAMILIAS, XA QUE SEN A VOSA COLABORACIÓN NON SERÍA POSIBLE A ACTIVIDADE :)
O resultado foi moi divertido, espero que no proceso tamén e desfrutasedes tanto como o fixen eu.
Estes foron os diferentes resultados!
Espero que vos gusten!
HUGO PUENTE E ÓSCAR FAN UN MINI-CONTO EMPREGANDO AS IMAXES DOS DADOS DE HISTORIAS
Todos os demais contos teñen o mesmo comezo, a partir do inicio, seguindo as mesmas indicacións, cada un continua o conto onde o deixou o anterior e empregando as imaxes que nos saíron nos dados de historias ao longo dos contos.
ESTE É O RESULTADO DO PRIMEIRO CONTO
ASÍ QUEDOU O SEGUNDO CONTO...
O ÚLTIMO CONTO QUEDOUNOS MÁIS CURTIÑO PERO NON POR ISO MENOS BONITO
POR ÚLTIMO AGRADECER A PARTICIPACIÓN DE TODAS AS FAMILIAS, XA QUE SEN A VOSA COLABORACIÓN NON SERÍA POSIBLE A ACTIVIDADE :)
GRAZAS
FUNCIÓNS VITAIS
Ao longo deste tempo traballamos os animais na área de Ciencias Naturais e concretamente coñecemos máis sobre as súas funcións vitais; aquí deixamos algunha imaxe de traballos realizados por alumnos/as de 3ºA.
luns, 15 de xuño de 2020
Durante a corentena os alumnos e alumnas de 3ºA continuamos co proxecto que comezáramos na aula sobre os animais en perigo de extinción en África. Cada neno e nena buscou un animal, traballou sobre el e fixo unha ficha e un debuxo. Ao final montamos unha presentación con todos eles, agardamos que vos guste.
venres, 12 de xuño de 2020
Animais en perigo de extinción e Cartas á Terra - 2º
Durante este 3º trimestre os nenos e nenas de 2º non deixaron de traballar e, como non, tamén con actividades relacionadas co coidado dos animais.
Aquí vos deixamos dúas actividades que realizaron nas súas casas...
Animais en perigo de extinción
Cada nen@ puido escoller un animal que se atopa na actualidade en perigo de extinción para facer unha investigación sobre el e os motivos polos que está nesa situación.
Na seguinte presentación podedes ver as investigacións que fixo cada un.
Na seguinte presentación podedes ver as investigacións que fixo cada un.
Cartas á Terra
Como moitas das causas de que os animais estean en perigo de desaparecer para sempre están relacionadas coas malas accións que os seres humanos realizamos sobre o noso planeta, polo Día da Terra, o 22 de abril, cada un deles envioulle unha carta á Terra, pedíndolle perdón por se nalgún momento fixeron algo que a puidera danar e comprometéndose a coidala e respectala.
Pinchade nos sobres para poder ler as cartas. As verdes pertencen a 2ºA e as azuis a 2ºB.
Pinchade nos sobres para poder ler as cartas. As verdes pertencen a 2ºA e as azuis a 2ºB.
Agardamos que entre tod@s poidamos facer da Terra🌍
o fogar no que tanto as persoas👫 como os animais🐾 e as plantas🌳 poidamos vivir en harmonía.
Obradoiro "No pasa nada" - 2ºB
Os nenos e nenas de 2ºB, xunto cos nenos e nenas de 5ºA de Infantil, tivemos a sorte de traballar xuntos nun proxecto moi chulo sobre o conto de Xabi López:
No pasa nada
Para iso, en cada clase lemos o conto, no que os animais son os protagonistas, e reflexionamos sobre os valores que nos ensina: amizade, diversidade, respecto... en resumo, o bonito de ser diferente!!
Despois dedicamos dúas sesións a un obradoiro no que preparamos en cada aula un mural cos dous personaxes principais do conto: Panda e Zebra.
Gustounos moito compartir esta experiencia cos nen@s de 4 anos, explicarlles o que tiñan que facer e axudarlles...
Aquí vos deixamos algunhas fotos...
PASÁMOLO XENIAL!!!
Aquí vos deixamos algunhas fotos...
xoves, 11 de xuño de 2020
Visitas á aula
Ao longo deste curso, os nenos e nenas de 1º B trouxeron á aula as súas mascotas para que todos os seus compañeiros os poideran coñecer. Gustounos moito saber o ben que os coidan e o moito que lles gusta xogar e pasar o tempo con eles.
martes, 9 de xuño de 2020
HOTEL DE INSECTOS
Tras traballar os insectos e crear "hoteis" na aula con diversos materiais, Adrián e Gabriel
de 6ºA animáronse a facer un con materiais específicos coa axuda das súas familias. Quedou xenial!! Noraboa polo traballo chicos!!
domingo, 7 de xuño de 2020
Lévame a casa
Na clase de 5ºA traballamos a curtametraxe "Llévame a casa" e a partir de aí diseñamos uns fermosos carteis denunciando o abandono animal e promovendo a adopción de mascotas.
venres, 5 de xuño de 2020
BILBY
Na clase de 4º Infantil A inicíamonos no tema dos animais en perigo de extinción, concretamente centrámonos nun animal nocturno relacionado co proxecto que estábamos a traballar: Bilby (Macrotis lagotis).
Visionamos unha curtametraxe animada onde o protagonista Bilby enfróntase a numerosas adversidades resaltando o valor da amizade. Tamén investigamos a súa pegada comparandoa con outras.... Canto gozamos!!
Coincidindo co día mundial do Medio Ambiente, tratando de concienciar aos nen@s acerca dos perigos ao tempo que aprenden sobre o mundo que nos rodea. Quixemos deixar o noso graniño de area nesta situación tan excepcional que nos tocou vivir, confeccionando cada un o seu particular Bilby empregando materiais de refugallo. Ollade os que se animaron a participar, que chulis !!
mércores, 3 de xuño de 2020
Mascotas de 2ºA
Durante este curso , as nenas e nenos de 2ºA estivemos traendo fotos das nosas mascotas ao cole.
Aquí vos deixamos unha foto do corcho da aula coas nosas mascotas.
Ademais, tamén tivemos a visita dalgunhas mascotas, coma os peixes de Claudia.
Aquí vos deixamos unha foto do corcho da aula coas nosas mascotas.
Ademais, tamén tivemos a visita dalgunhas mascotas, coma os peixes de Claudia.
martes, 2 de xuño de 2020
Os ecosistemas e animais de Galicia.
Aquí vos deixamos
os traballos sobre os ecosistemas de
Galicia e algúns dos animais que habitan
neles que realizou o alumnado de 2º.
Pulsade nas estreliñas, pasade páxina e
pinchade nos corazóns.
Esperamos que vos
guste!
venres, 29 de maio de 2020
xoves, 28 de maio de 2020
Proxectos sobre animais
Durante este curso, en 4º A, fixemos varios traballos de investigación sobre animais e aprendemos a manexar programas para presentalos.
Comezamos o noso proxecto sobre curiosidades de animais organizándonos en catro grupos para facer presentacións de diapositivas. Non chegamos a rematalo totalmente. Aquí deixamos unha pequena mostra do traballo.
martes, 26 de maio de 2020
Os ecosistemas do mundo
Na clase de 5ºA representamos diferentes ecosistemas, coñecendo así un pouquiño máis o mundo que nos rodea.
Como veredes, xurdiron grandes obras de arte!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)





















































